Nun fútbol base onde cada vez máis nenos e nenas se concentran nuns poucos clubs, os equipos de barrio deben reinventarse para poder sobrevivir neste panorama futbolístico ateigado de «transatlánticos». Este club superou a ardua tarefa de convencer e, posteriormente, manter a confianza das familias para a formación futbolística e persoal dos seus fillos e fillas.
Nesta tempada 2025-2026, o club enorgullécese de contar con máis de 250 licenzas federativas. A entidade dispón de un equipo de biberóns, dous de prebenxamíns, dous de benxamíns, dous de alevíns, dous infantís, un cadete e outro de veteranos. Na división femenina temos un equipo infantil e outro cadete, consolidando así a nosa expansión.
O crecemento exponencial que experimentamos é froito directo do compromiso e a adicación conxunta da xunta directiva, os nosos incondicionais simpatizantes e valiosos colaboradores. Todo isto foi posible sen necesidade de cobrar cotas aos nenos e nenas. Simplemente, solicitamos a adhesión dun proxenitor como socio, apoiando así este proxecto que medra grazas ao esforzo colectivo. Estas achegas son de vital importancia para a supervivencia e o desenvolvemento do club, xa que a entidade debe afrontar os custos de arbitraxes, mutualidades non subvencionadas, cotas de licenzas, entre outros. Grazas ao inestimable apoio de empresas e comercios do barrio, esta realidade puido materializarse.
Queremos recalcar a excelente progresión dos nosos xoves xogadores. A aprendizaxe individual e colectiva dos rapaces e rapazas tradúcese nun notable aumento das súas habilidades deportivas e, consecuentemente, nun maior rendemento competitivo.
Aínda que os nosos esforzos se centran prioritariamente nas categorías inferiores do club, debido á súa maior necesidade de atención, non podemos esquecer o equipo de Veteranos. Este grupo de simpatizantes, amigos e compañeiros do barrio fomenta e crea vínculos sólidos co club e con outras entidades, constituíndo un exemplo inspirador que os nosos xoves futbolistas deben seguir.
Finalmente, queremos recalcar a unión que define a toda a gran familia do Batallador, dende os máis novos, pasando polos pais e nais, ata os directivos e adestradores.
¡Forza Bata!
Estamos armando un arquivo fotográfico para rescatar e celebrar a rica historia do noso equipo. Se tes fotos antigas do equipo, de xogadores, partidos ou calquera momento relacionado co club, ¡anímate a compartilas con nós! Podes enviarnos as túas fotos a info@batalladorsd.es ¡Grazas pola vosa colaboración! ¡Agardamos as vosas achegas!













