
Presentamos algo que vai moito máis alá de versos e da melodía: presentamos a alma, a historia e o latexo do noso club convertidos en música.
Cando as notas comecen a soar, non escoitaremos só unha canción; escoitaremos o orgullo das nosas cores e a memoria de todas as persoas que axudaron a construír a nosa historia, dende os fundadores ata as novas xeracións que hoxe levan coa mesma ilusión o noso escudo no peito.
Que cada vez que soe lembre ao mundo quen somos, de onde vimos e ata onde estamos dispostos a chegar xuntos.
Sintamos a música, levantemos as nosas bufandas e cantemos con todo o corazón. Forza Bata!
Letra
Batallador, orgullo de barrio!
A nosa forza é o equipo e a unión,
co escudo brillando no peito,
xogamos xuntos co corazón.
Nas rúas da Coruña nacimos,
tradición que coidamos con honra,
aquí todos somos importantes,
máis aló dos goles e o marcador.
Aprendemos de cada xogada,
o erro axúdanos a crecer,
formamos persoas antes que estrelas,
esa é a nosa meta
Compañeirismo é a nosa bandeira,
a igualdade, a nosa regra de ouro,
no Batallador non hai fronteiras,
a nosa xente é o noso gran tesouro.
Batallador, orgullo de barrio!
A nosa forza é o equipo e a unión,
co escudo brillando no peito,
xogamos xuntos co corazón
Xente de barrio, sempre adiante!
Batallador!
