



Crecendo xuntos, facendo barrio
Mirar cara atrás e ver estas fotografías é ver a historia viva do Batallador SD. O que comezou como un humilde proxecto de barrio hoxe converteuse nunha gran familia que non para de medrar. Pero nesta evolución, o máis bonito non é só ver cantos máis somos hoxe no campo, senón comprobar que seguimos sendo exactamente os mesmos no corazón.
Este crecemento non sería posible sen o motor que move o Batallador:
As xogadoras e xogadores, que defenden con orgullo e respecto as nosas cores e o noso escudo en cada adestramento e en cada partido.
As familias, polo voso apoio incondicional desde a bancada e por axudarnos a reforzar estes valores desde a casa.
Os adestradores, veciños e colaboradores, que traballan de forma totalmente altruísta, poñendo a formación humana por enriba de calquera resultado ou marcador.
Grazas a todas as persoas que formades e formastes parte deste camiño.
¡Seguimos sumando, seguindo medrando, pero sempre coa alma de barrio que nos viu nacer!
